domingo, 14 de diciembre de 2014

Curta polo bo trato, contra a violencia de xénero.

Hola a todos, esta es la curta polo bo trato, contra a violencia de xénero, que hice con mi compañera Alicia Penas Ferreira, primero nos inventamos una historia, cogimos las fotos adecuadas de google imágenes, las editamos en un editor de google (poniéndoles letras) y después hicimos un video en Youtube y lo subimos. Nos resulto bastante sencillo porque ya habíamos utilizado esas herramientas antes. Un saludo y espero que os guste.

domingo, 23 de noviembre de 2014

Edición de son-Finisterre.

Hola chicos/as, esta es la edición de sonido que hice con mi compañera Alicia Penas, para realizarla grabamos en el teléfono un diálogo que nos asignó nuestro profesor Ángel, lo pasamos al ordenador, añadimos sonidos e hicimos un SoundCloud, fue una tarea divertida al tener que grabarlo juntas, al principio nos resultaba gracioso y no nos concentrábamos pero despues de probar un par de veces ya nos salió. Espero que os guste.

Podcast contra la violencia de género.

Hola a todos, En esta tarea, mi compañera Alicia y yo, grabamos un dialogo desde nuestro teléfono móvil, luego lo pasamos al ordenador y lo subimos a SoundCloud, y agregamos una fotografía. SoundCloud, es una herramienta muy sencilla y útil. Espero que os guste.

sábado, 22 de noviembre de 2014

Ciencia que conta.

Hola a todos,
este es mi relato de Ciencia que Conta, para hacer esta tarea, en primer lugar busque un relato del año pasado, enlacé algunas palabras relacionadas con la ciencia y añadí una imagen. Me pareció una tarea bastante sencilla y entretenida.
Un saludo, espero que os guste.


A grandeza de Carolina.

Ía frío naquela luminosa mañá de novembro. Tomei folgos, pois cada
vez que tiña que facer unha entrevista para o periódico onde traballaba,
sentía aquelas cóxegas na barriga.
O cocheiro parou diante dunha casa de tres pisos situada no mesmo
centro da cidade de Hannover. Volvín tomar folgos. Petei na porta. Axiña
abriu unha muller coas meixelas encarnadas. Levaba un mandil branco.
Convidoume a entrar e pasamos a unha saliña. Ardían na cheminea
unhas rachas ben grosas. Ao carón do lume, agardábame unha velliña coa
cara moi engurrada e un gracioso pucho cheo de puntillas e volantes. Ao
verme, ergueuse cunha axilidade inusitada pois aquela muller debería
roldar os noventa anos. Chamoume a atención a súa estatura, extremadamente
pequena. Ao aproximarse tamén puiden observar un rostro cheo
de cráteres, inequívocas pegadas da varíola. Estendeume a man e achegoume
unha butaca a carón da súa. Chamou cunha campaíña a criada,
que entrou nun momento. Pediulle dúas cunquiñas de té. Eu, na espera,
observaba a saliña. Nun recanto durmía un piano cuberto de moreas de
partituras. Sobre unha mesiña tamén vin varios libros sobre astronomía.
Decatouse da miña ollada indiscreta e díxome de súpeto, con enerxía:
—A vostede gústanlle as matemáticas?
—Boeno –murmurei–, non lle podo dicir. Sonlle unhas grandes descoñecidas
para min.
—Iso é o que pensa todo o mundo, pero están errados. As matemáticas
están por todos lados. Son amigas que axudan a entender o noso mundo.
Dixo isto e quedou un momento cos ollos pechados.
Collín o meu pequeno caderno de notas e cun lapis na man, un pouco
desconcertada por aquel arranque, atinei a dicir:
—Bonita casa.
—Era de miña nai. Abofé que é bonita pero… non me trae moi bos recordos.
—Por que di iso?
Suspirou e mirou cara ao lume. Vin nos seus ollos unha tristura de séculos.
—Miña nai, como todas as mulleres deste tempo, non a culpo, pensaba
que as mulleres naceran para servir na casa. E moito máis unha nena
coma min, enferma, chea de varíola… que nunca na vida casaría. Así que
mentres meus irmáns aprendían latín, álxebra, música, a min tocábame
lavar os pratos, bater as alfombras, sacar o po das lámpadas... Meu pai,
excelente músico militar, decatábase da miña mirada triste cando asistía
a aqueles concertos dos meus irmáns. Ás agachadas aprendeume matemáticas,
que eu adoraba, pero tamén latín e, sobre todo, música. Non o
crerás, pero cheguei a ser unha boa soprano.
Maldita época a nosa, pensei. Nas miñas propias carnes sabía do que
estaba a falar. Unha muller periodista. Que tolemia!
—De verdade? Non sabía.
—Pero non me pidas que cante, xa teño preto de noventa anos e o
peito non me dá.
Eu dubidaba se aquela afirmación tan categórica fose certa.
Abriuse a porta e entrou a criada con dous tés fumegantes nunha
bandexiña.
—Graciñas, contestamos ao unísono.
—Teño entendido que vostede pasou moitos anos na Inglaterra…
—Si, e daquela quedoume este meu gusto polo té. Foi unha etapa ben
bonita a que pasei alá. Meu irmán, William, era o director da orquestra
de Bath e convidoume a ir vivir con el. Miña nai non quería de ningún
xeito, pois índome eu, ela quedaba cunha criada menos. William tivo que
contratar unha muller para que fixese as tarefas que me correspondían.
Así era miña nai.
—E gustáballe a astronomía?
—Pois mira, para nós era bastante descoñecida. Un día de visita en
Londres, William mercou un libro chamado Astronomía dun tal Fergusson,
e desde aquel momento a nosa vida mudou para sempre. Meu irmán
construíu un telescopio moi fermoso, e con aquel aparello descubrimos
o ceo. Débolle tanto a este meu irmán! Con el avancei no estudo da álxebra,
da trigonometría, da astronomía, e tamén do inglés, claro.
—E descubriron Urano…
—E moitos máis astros… Pero é certo que con Urano chegounos o recoñecemento.
Aínda recordo o día, era un trece de marzo do 1781, cando
William, moi nervioso, entrou na saliña e díxome coa súa voz de trono:
«Caroline, acabo de ver algo no ceo parecido a un cometa. Prepara o
lapis que empezamos coas matemáticas». Foron días de tolemia, porque
segundo os meus cálculos, aquel obxecto celeste non cumpría as condicións
dun cometa. Movíase regularmente nunha órbita case circular ao
redor do Sol. Tamén descubrín que o seu perihelio estaba tan lonxe do
Sol que ningún cometa coñecido por nós distaba iso. E para desconcertar
aínda máis, aquel «cometa» non tiña cola. Eu non o dubidei nin unmomento: aquilo non era un cometa. Aquilo era un planeta do noso sistema
solar. O rei Xurxo III, grande afeccionado á astronomía, nomeou
a William astrónomo real e pagáballe un salario de… duascentas libras ao
ano! Deixamos as nosas carreiras da música e daquela empezamos a estudar
o firmamento. Como agradecemento, meu irmán bautizou o novo
planeta como Estrela Xeorxiana, aínda que había algúns astrónomos que
non lles gustaba ese nome. Seica tiña que ter un nome mitolóxico.
—Polo que conta, vostede foi unha peza clave, tanto no descubrimento
de Urano como tamén no descubrimento de novos corpos celestes.
—Cando meu irmán estaba de viaxe eu aproveitaba, pois non me gustaba
estorbalo para observar polo telescopio. Era emocionante. Decateime
de que o ceo estaba cheo de cúmulos. Chegamos a catalogar máis de
dous mil cúmulos. Describín nebulosas, galaxias, satélites e fun a primeira
muller en descubrir un cometa. Era inevitable recoñecer a existencia
no noso universo non só de planetas e cometas, había outros corpos, outras
masas, lonxe, moi lonxe de nós. O home é tan insignificante, tan pequeniño
e está tan perdido.
Outra vez sentín as cóxegas na barriga, pero esta vez polas palabras de
Carolina Herschel. Tomei alento.
Despedinme daquela enorme muller. Unha muller que me fixo entender
a grandeza do tesón e da loita do ser humano e, á vez, do humildes e
minúsculos que somos fronte á dimensión do universo.




viernes, 21 de noviembre de 2014

#culleredopolobotrato

Hola a todos,

O 25 de Novembro, é o dia contra a violencia de xénero e o maltrato, algo que pareceme moi forte estando no século XXI. Aquí deixo o meu tweet sobre a violencia de xénero:

"Se amas a alguén, a maior demostración é a liberdade" #culleredopolobotrato.





Figura del Sketch Up.

Hola a todos,
Esta es la figura de Sketch Up que me tocó realizar con mi compañera Alicia Penas, me pareció una tarea un poco complicada porque no sabía utilizar el programa, pero mirando diversos tutoriales fue más sencillo y logramos hacerlo. Este programa sirve para recrear figuras reales en tres dimensiones. 
Los pasos a seguir para realizar la figura fueron los siguientes:

1.Fotografié la figura que nos dio nuestro profesor Ángel: 




2.Dibujamos en un papel la planta, el alzado y el perfil de nuestra figura:



3.Finalmente, realizamos la figura en 3D en el programa:



martes, 18 de noviembre de 2014

Eu de maior quero ser...



Hola a todos,
esta es mi tarea de "Eu de maior quero ser...", aquí os digo lo que quiero ser de mayor, y lo que me gustaría estudiar . La tarea, en si, me parecíó muy fácil utilizando las diapositivas en el Google Drive
Espero que os guste, un saludo !

sábado, 4 de octubre de 2014

Hola a todos.
Soy Paula Touriñán Iglesias, estudio en el IES Eduardo Blanco Amor y este es mi último curso de la ESO.
 Mis principales aficiones son: salir con mis amigos, la fotografía, escuchar música y bailar(aunque nunca lo hago). Me encanta el verano, y me gusta aprovecharlo de todas las formas posibles, por ejemplo: saliendo de fiesta con mis amigos, yendo a la playa y piscina etc... Ahora empieza el curso y hay que esforzarse para aprobar todo y que el próximo verano sea también un buen verano. Mis películas favoritas son "3 metros sobre el cielo" y "tengo ganas de ti".
En este blog publicare trabajas de clase, sobre todo de la asignatura de informática de este curso 14-15.
Esta es mi presentación, espero que os guste, un saludo y hasta pronto.